Xa facía moito tempo que non forneaba uns muffins, e non sei moi ben por que, son tan agradecidos, fáciles e rápidos, ademais de darlle vidiña aos almorzos. Gárdanse nunha lata e temos un bo almorzo ou merenda para varios días.
Os culpables destes exemplares foron uns plátanos moi maduros cuxo destino sería o lixo e que mellor forma de empregalos nestes doces individuais. Os plátanos e un pouco de improvisación co resto dos ingredientes deron como resultado estes resultóns, esponxosos e saborosos muffins. Nun momentiño están listos.
En castellano

Ya hacía mucho tiempo que no horneaba unos muffins, y no sé muy bien por qué, son tan agradecidos, fáciles y rápidos, además de darle vidilla a los desayunos. Se guardan en una lata y tenemos un buen desayuno o merienda para varios días.
Los culpables de estos ejemplares fueron unos plátanos muy maduros cuyo destino sería la basura y que mejor forma de emplearlos en estos dulces individuales. Los plátanos y un poco de improvisación con el resto de los ingredientes dieron como resultado estos resultones, esponjosos y sabrosos muffins. En un momentito están listos.
Ingredientes
350 g de fariña de repostaría
120 g de azucre mascabado (pode ser moreno ou branco)
1 cullerada de royal
Unha culleradiña de bicarbonato
media culleradiña de canela
2 ovos
200 ml de leite enteiro
100 g de queixo crema tipo philadelphia
100 g de manteiga derretida
2 plátanos moi maduros
100 g de pebidas de chocolate.

350 g de harina de repostería
120 g de azúcar mascabado (puede ser moreno o blanco)
1 cucharada de royal
Una cucharadita de bicarbonato
media cucharadita de canela
2 huevos
200 ml de leche entera
100 g de queso crema tipo philadelphia
100 g de mantequilla derretida
2 plátanos muy maduros
100 g de pepitas de chocolate.
Elaboración
- Tamizamos a fariña e mesturámola co azucre, o royal, o bicarbonato, a canela e as pebidas.
- Noutro recipiente batemos lixeiramente os ovos e mesturámoslle o leite, o queixo, a manteiga derretida e e a polpa dos plátanos feita puré. Mesturamos todo e incorporamos os sólidos que temos no outro recipiente.
- Mesturamos ata que quede todo integrado, non é necesario bater, só ata que quede todo mesturado.
- Introdúcense en cápsulas de madalenas hasta case o borde, se queremos que manteñan a forma, metemos as cápsulas de papel dentro dunhas flaneiras de aceiro inoxidable.
- Prequecemos o forno e forneamos durante media hora a 180º.

- Tamizamos la harina y la mezclamos con el azúcar, el royal, el bicarbonato, la canela y las pepitas.
- En otro recipiente batimos ligeramente los huevos y le mezclamos la leche, el queso, la mantequilla derretida y y la pulpa de los plátanos hecha puré. Mezclamos todo e incorporamos los sólidos que tenemos en el otro recipiente.
- Mezclamos hasta que quede todo integrado, no es necesario batir, solo hasta que quede todo mezclado.
- Se introducen en cápsulas de magdalenas hasta casi el borde, si queremos que mantengan la forma, metemos las cápsulas de papel dentro de unas flaneras de acero inoxidable.
- Precalentamos el horno y horneamos durante media hora a 180º.